Skip to main content Link Menu Expand (external link) Document Search Copy Copied

Feitizos de mague

Trucos

Preparas todos os teus trucos cada vez que preparas feitizos sen precisar seleccionalos e sen que conten de cara ao teu límite de feitizos.

Luz (Light)

Truco

Un obxecto que toques brilla con luz arcana, tan brillante como un facho. Non emite ningún calor nin son, e non precisa combustible. Tes control total sobre a súa cor. A todos os demais efectos, é como un facho mundano. O feitizo dura mentres o obxecto estea na súa presenza.

Servente invisible (Unseen Servant)

Truco, mantido

Conxuras un constructo simple invisible que non pode facer máis que cargar con obxectos. Ten unha carga máxima de 3 e leva calquera cousa que lle deas. Non pode recoller obxectos pola súa conta, só pode levar os que ti lle das persoalmente. Os obxectos cargados por un servente invisible aparentan flotar no aire uns pasos detrás de ti. Un servente invisible que recibe dano ou abandona a túa presenza disípase inmediatamente, soltando calquera obxecto que levase. De calquera outro modo, sérvete ata que retires o feitizo.

Mentres este feitizo estea activo, resta -1 ás túas roladas ao lanzar feitizos.

Prestidixitación (Prestidigitation)

Truco

Realizas trucos simples de maxia real. Se tocas un obxecto como parte do lanzamento, podes facerlle cambios cosméticos: limpalo, ensucialo, enfrialo, quentalo, darlle sabor, ou cambiar a súa cor. Se lanzas o feitizo sen tocar un obxecto, podes crear ilusións menores de tamaño menor ou igual ao teu propio. As ilusións feitas con prestidixitación son crúas e evidentes: non enganarán a ninguén, pero pode que entreteñan a alguén.

Feitizos de nivel 1

Contactar espírito (Contact Spirits)

Nivel 1, Invocación

Nomea o espírito que desexas contactar (ou deixa que o faga a DX). Atraes a esa criatura a través dos planos, o suficientemente cerca para que poida falar contigo. Está obrigada a responder calquera pregunta (só unha) que lle fagas no mellor das súas capacidades.

Detectar maxia (Detect Magic)

Nivel 1, Divinación

Un dos teus sentidos sintonízase brevemente coa maxia. A DX dirache o que aquí é máxico.

Telepatía (Telepathy)

Nivel 1, Divinación, mantido

Formas un vínculo telepático cunha persoa que toques, permitíndovos conversar a través dos vosos pensamentos. Só podes manter un vínculo telepático ao mesmo tempo.

Encantar persoa (Charm Person)

Nivel 1, Encantamento, mantido

A persoa (non valen bestas nin monstros) que toques mentres lanzas este feitizo considerarate unha amizade ata que reciba dano ou ata que demostres o contrario.

Invisibilidade (Invisibility)

Nivel 1, Ilusión, mantido

Toca a unhe aliade: ninguén pode vele: é invisible! O feitizo mantense ata que o obxectivo ataque ou ata que ti o retires. Mentres este feitizo estea activo, non podes lanzar feitizos.

Proxectil máxico (Magic Missile)

Nivel 1, Evocación

Proxectís de maxia saen disparados dos teus dedos. Fai 2d4 de dano a un obxectivo.

Alarma (Alarm)

Nivel 1

Camiña nun círculo amplo mentres lanzas este feitizo. Ata que volvas preparar feitizos, a túa maxia alertarate se unha criatura cruza ese círculo. Incluso se estás durmindo, o feitizo espertarache.

Feitizos de nivel 3

Disipar maxia (Dispel Magic)

Nivel 3

Escolle un feitizo ou efecto máxico na túa presenza: este feitizo rómpeo. Os feitizos menores terminan, a maxia poderosa é só reducida ou mitigada mentres ti estás cerca.

Visións a través do tempo (Visions Through Time)

Nivel 3, Divinación

Lanza este feitizo e mira nunha superficie reflectiva para ver nas profundidades do tempo. A DX revelarache os detalles dun augurio: un evento desolador que sucederá sen a túa intervención. Contarache algo útil sobre como podes interferir para evitar as súas oscuras consecuencias. Moi rara vez o augurio será algo como “Viviredes felizes”. É o que hai.

Bóla de lume (Fireball)

Nivel 3, Evocación

Invocas unha poderosa bóla de lapas que cobre ao teu obxectivo e a calquera nas súas inmediacións, facendo 2d6 de dano o cal ignora armadura.

Imitar (Mimic)

Nivel 3, mantido

Tomas a forma dalguén a quen tocas mentres lanzas o feitizo. As túas características físicas convírtense en exactamente as súas, pero o teu comportamento non ten por que. Este cambio persiste ata que recibas dano ou ata que escollas volver á túa propia forma. Mentres este feitizo estea activo, perdes acceso a todas as túas xogadas da clase maga.

Imaxe espello (Mirror Image)

Nivel 3, Ilusión

Creas unha imaxe ilusoria de ti mesme. Cando es atacade, rola un d6. Nun 4, 5, ou 6, o ataque golpea á ilusión en lugar de a ti, facendo que a imaxe se disipe e remate o feitizo.

Durmir (Sleep)

Nivel 3, Encantamento

1d4 inimigues da elección da DX que poidas ver caen durmides. Só as criaturas que poden durmir son afectadas. Espertan do xeito usual: ruídos fortes, sacudidas, dor…

Feitizos de nivel 5

Gaiola (Cage)

Nivel 5, Evocación, mantido

O obxectivo é atrapado nunha gaiola de forza máxica. Nada pode entrar nin saír da gaiola. A gaiola permanece ata que lances outro feitizo, ata que retires este, ou ata que perdas da túa vista a gaiola. Mentres este feitizo estea activo, a criatura atrapada pode escoitar os teus pensamentos.

Mentres este feitizo estea activo, resta -1 ás túas roladas ao lanzar feitizos.

Contactar con outro plano (Contact Other Plane)

Nivel 5, Divinación

Envías unha solicitude a outro plano. Especifica con quen ou con que queres contactar por localización, tipo de criatura, nome, ou título. Abres unha vía de comunicación en ambos sentidos con esa criatura. A comunicación pode ser cortada en calquera momento por ti ou pola criatura coa que contactaches.

Polimorfar (Polymorph)

Nivel 5, Encantamento

Co teu contacto cambias a forma dunha criatura completamente. A criatura permanece na súa nova forma ata que lances un feitizo. Describe a nova forma que elaboras, incluíndo calquera cambio de características, adaptacións importantes, ou debilidades. Despois, a DX imporache unha das seguintes opcións:

A forma será inestable e temporal.

  • A mente da criatura tamén será alterada.
  • A forma ten un beneficio ou debilidade non intencionada.

Invocar monstro (Summon Monster)

Nivel 5, Invocación, mantido

Un monstro aparece e te axuda o mellor que pode. Trátao como se fose a túa personaxe, pero con acceso só ás xogadas básicas. Ten un modificador de +1 en todas as características, 1 PG, e usa o teu dado de dano. Ademais, escolle 1d6 das seguintes opcións:

  • Ten +2 en lugar de +1 nunha das súas características.
  • Non é imprudente.
  • Fai 1d8 de dano.
  • O seu vencello co teu plano é forte: o monstro recibe +2 PG por cada un dos teus niveis.
  • Ten algún tipo de adaptación útil.

A DX dirache o tipo de monstro que invocas baseándose nas opcións que escolliches. A criatura permanece neste plano ata que morra ou ata que a liberes.

Mentres este feitizo estea activo, resta -1 ás túas roladas ao lanzar feitizos.

Feitizos de nivel 7

Dominar (Dominate)

Nivel 7, Encantamento, mantido

Ao tocar a unha persoa, transfires a túa mente ao interior da súa. Reserva 1d4. Gasta 1 reserva para facer que o oxectivo realice unha das seguintes accións:

  • Dicir unhas cantas palabras da túa elección.
  • Darche algo que estea sostendo.
  • Facer un ataque planificado a un obxectivo da túa elección.
  • Responder unha pregunta sinceiramente.

Se te quedas sen reserva, o feitizo remata. Se o obxectivo recibe dano, perdes 1 reserva. Mentres este feitizo estea activo, non podes lanzar feitizos.

Visión verdadeira (True Seeing)

Nivel 7, Divinación, mantido

Ves todas as cousas como son realmente. Este efecto persiste ata que digas unha mentira ou ata que retires o feitizo.

Mentres este feitizo estea activo, resta -1 ás túas roladas ao lanzar feitizos.

Paso sombrío (Shadow Walk)

Nivel 7, Ilusión

Unhas sombras que escollas convértense nun portal para ti e ês túes aliades. Declara un lugar, describíndoo cun número de palabras non maior que o teu nivel. Pasar a través do portal deposítavos a ti e a calquera aliade presente ao lanzar o feitizo no lugar que describiches. O portal só pode ser usado unha vez por cada aliade.

Continxencia (Contingency)

Nivel 7, Evocación

Escolle un feitizo que coñezas de nivel 5 ou inferior. Describe unha condición de activación usando un número de palabras non maior que o teu nivel. O feitizo escollido queda á espera ata que escollas activalo ou ata que a condición de activación se cumpra. Non precisas rolar polo feitizo, simplemente toma efecto. Só podes ter un feitizo de continxencia á espera ao mesmo tempo. Se lanzas Continxencia mentres xa tes un feitizo á espera, o novo feitizo reempraza ao anterior.

Nube mortal (Cloudkill)

Nivel 7, Invocación, mantido

Unha nube de néboa vén a este mundo dende máis aló das Portas Negras da Morte, enchendo as túas inmediacións. Cando unha criatura na área recibe dano, tamén recibe 1d6 de dano adicional o cal ignora armadura. Este feitizo persiste mentres poidas ver a área afectada ou ata que ti o retires.

Feitizos de nivel 9

Antipatía (Antipathy)

Nivel 9, Encantamento, mantido

Escolle un obxectivo e describe un tipo de criatura ou un aliñamento. As criaturas dese tipo ou aliñamento non poden entrar na vista do obxectivo. Se unha criatura afectada se atopa no campo de visión do obxectivo, esta fuxe inmediatamente. Este efecto continúa ata que deixes de estar na presenza do obxectivo ou ata que ti o retires.

Mentres este feitizo estea activo, resta -1 ás túas roladas ao lanzar feitizos.

Alerta (Alert)

Nivel 9, Divinación

Describe un evento. A DX dirache cando ocorre ese evento, sen importar onde esteas ou como de lonxe suceda o evento. Se o desexas, podes ver a localización do evento como se estiveses alí persoalmente. Só podes ter unha Alerta activa ao mesmo tempo.

Xema de alma (Soul Gem)

Nivel 9

Atrapas a alma dunha criatura moribunda nunha xema. A criatura atrapada é consciente da súa condición, pero aínda pode ser manipulada mediante feitizos, parlamento, e outros efectos. Todas as xogadas contra a criatura atrapada reciben +1. Podes liberar a alma en calquera momento, pero esta nunca poderá ser atrapada de novo.

Refuxio (Shelter)

Nivel 9, Evocación, mantido

Creas unha estrutura de puro poder máxico. Pode ser tan grande como un castelo ou tan pequena como unha cabana, e é inmune a calquer dano non máxico. A estrutura persiste ata que saias dela ou ata que retires o feitizo.

Invocación perfecta (Perfect Summons)

Nivel 9, Invocación

Teleportas unha criatura á túa presenza. Nomea unha criatura ou dá unha breve descrición dun tipo de criatura. Se a nomeaches, esa criatura aparece ante ti. Se describiches un tipo, unha criatura dese tipo aparece ante ti.